Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Martes, 20 de xuño de 1995 Páx. 4.711

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO.

O Pleno do Concello, en sesión do 8 de maio de 1995, aprobou inicialmente o plan parcial do SUP-4 (Conxo), promovido por Construccións Ruafer, S.A. O expediente exponse ó público no Negociado de Planeamento e Xestión polo prazo de un mes desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, co obxecto de que os interesados poidan presenta-las alegacións que xulguen oportunas.

Na mesma sesión acordouse a suspensión polo prazo máximo de dous anos, ó abeiro do que dispón o artigo 102.2º do Real decreto lexislativo 1/1992, do outorgamento de licencias para parcelacións, edificacións e derrubas no ámbito do citado plan parcial, ámbito que ten os seguintes lindes:

Norte: terreos do SUP-1 inmediatos á Avda. Romero Donallo.

Sur: rúa Conxo de Arriba, desde o final do solo urbano do cruzamento do Campo de Conxo ata o solo do PERI-2 do Conxo de Arriba.

Leste: solo urbano da parte posterior dos edificios con números pares das rúas Avda. de Vilagarcía, Sánchez Freire e García Prieto, e traseiras dos edificios da travesía de García Prieto.

Oeste: lateral dereito do instituto de bacharelato Eduardo Pondal, parte posterior do centro de formación profesional do Monte de Conxo, parte lateral esquerda do colexio Quiroga Palacios, así como límite do SUP-6, casa de Tras Peregrino e solo urbano do PERI-2.

Contra o acordo de suspensión do outorgamento de licencias pódese interpor recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses desde a publicación deste anuncio no DOG.

O presente anuncio servirá como edicto de notificación, nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para tódolos afectados que, por resultaren descoñecidos ou por ignorarse o seu domicilio, non poidan ser citados persoalmente ó trámite de información pública.

Santiago de Compostela, 9 de xuño de 1995.

O alcalde

Rubricado