Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Martes, 20 de xuño de 1995 Páx. 4.709

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de xuño de 1995, da Dirección Xeral de Industria, pola que se somete a información pública a solicitude de concesión administrativa e autorización do proxecto de instalacións para a subministración de gas propano comercial no termo municipal de Sarria (Lugo).

Para os efectos previstos no artigo 7 da Lei 10/1987, do 15 de xuño, de disposicións básicas para un desenvolvemento coordinado de actuacións en materia de combustibles gasosos e nos artigos 11 e 21 do Regulameno xeral do servicio público de gases combustibles, aprobado polo Decreto 2913/1973, do 26 de outubro, sométese a información pública o seguinte proxecto de concesión e autorización administrativa:

Peticioario: Repsol Butano, S.A., con enderezo en Madrid, r/ Arcipreste de Hita, nº 10.

Obxecto da petición: concesión administrativa para o desenvolvemento da actividade do servicio público de gas propano comercial no termo municipal de Sarria, así como a autorización das instalacións que se describen no proxecto presentado para o efecto.

Instalacións básicas:

-Estación de G.L.P., constituída por 3 depósitos aéreos de 59,40 m de capacidade, situada en terreos municipais.

-A rede de distribución de gas propano, deseñada para a distribución futura de gas natural, composta por tubos de polietileno SDR 11, con distintos diámetros segundo as necesidades de consumo e 5.440 m de lonxitude que transcorrerá enterrada na súa totalidade, por vías urbanas e de uso público, sen que existan afeccións de terreos e/o servidumes de paso a particulares.

Orzamento: setenta e nove millóns de pesetas (79.000.000 de ptas.).

O que se fai público para coñecemento xeral e para que todas aquelas persoas naturais ou xurídicas que se consideren prexudicadas nos seus dereitos poidan presenta-las súas alegacións, nun prazo de 20 días a partir da data de publicación deste anuncio, na Dirección Xeral de Industria, edificios San Caetano, en Santiago de Compostela, e na Delegación Provincial de Lugo, onde poden examina-lo proxecto.

Santiago de Compostela, 1 de xuño de 1995.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria