Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Martes, 20 de xuño de 1995 Páx. 4.648

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 1995, da Dirección Xeral de Persoal, pola que se fai pública a lista definitiva de admitidos e excluídos ós procedementos selectivos para ingreso e acceso ó corpo de profesores de ensino secundario e procedemento de adquisición de novas especialidades polos funcionarios do mesmo corpo.

Transcorridos os prazos previstos na Resolución do 10 de maio de 1995 (DOG do 19), pola que se fixo pública a lista provisional de admitidos e excluídos ós procedementos selectivos para ingreso e acceso ó corpo de profesores de ensino secundario e procedemento de adquisición de novas especialidades polos funcionarios do mesmo corpo, esta dirección xeral,

RESOLVEU:

Primeiro.-Facer pública a lista definitiva de admitidos e excluídos ó procedemento selectivo para ingreso e acceso ó corpo de profesores de ensino secundario e procedemento de adquisición de novas especialidades polos funcionarios do mesmo corpo nos anexos I e II respectivamente.

Segundo.-Contra esta resolución os interesados poderán interpoñer recurso ordinario no prazo de un mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, conforme o establecido no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 1995.

Jaime García García

Director xeral de Persoal