Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Martes, 20 de xuño de 1995 Páx. 4.648

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 8 de xuño de 1995, da Dirección Xeral de Persoal, pola que se procede a nomear e facer pública a composición do tribunal que xulgará o procedemento selectivo de ingreso e acceso ó corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, especialidade de ruso.

En cumprimento do sinalado na base común 5 da Orde do 8 de xuño de 1994 (DOG do 10 de xuño), pola que se convocaban procedementos selectivos de ingreso e acceso ó corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, entre outros, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Nomea-lo tribunal que deberá xulga-lo procedemento selectivo ó corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, especialidade de ruso e que figura no anexo desta resolución.

O presidente tomará as medidas necesarias para a constitución do tribunal no prazo indicado.

Segundo.-A localidade de actuación do citado tribunal farase pública na resolución do tribunal pola que se anunciará a hora e o lugar do acto de presentación, a celebración das probas de coñecemento de lingua galega e a primeira parte da proba.

Terceiro.-Quedan autorizadas as comisións de servicios dos membros dos tribunais que necesiten desprazarse da súa residencia oficial para o exercicio de tal función, tendo dereito a percibi-las axudas de custo e gastos de viaxes de acordo coa lexislación vixente. O medio de locomoción empregable será calquera dos previstos no Decreto 299/1990, do 24 de maio, debendo entenderse que queda expresamente autorizado o uso de vehículos propios, de acordo co citado decreto.

Santiago de Compostela, 8 de xuño de 1995.

Jaime García García

Director xeral de Persoal

ANEXO

-Disciplina: ruso.

Presidenta: Carmen Alonso Cecilia

Vocais:

Tatiana Y. Cuesta Andrés

María Elvira Amil Vázquez

Cristina Cuesta Pastor

María del Carmen Baamonde Canle