Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Luns, 19 de xuño de 1995 Páx. 4.621

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 23 de maio de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se anuncian, polo sistema de concurso de proxecto e obra, as obras do centro de ensino infantil e primario de 12 unidades (6+6) Luis Pimentel na Piringalla (Lugo).

Esta consellería, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar, polo sistema de concurso de proxecto e obra da obra que se cita:

-Centro de ensino infantil e primario de 12 unidades (6+6). Luis Pimentel na Piringalla (Lugo).

Orzamento de licitación: 115.000.000 de ptas. (cento quince millóns de pesetas).

Prazo de execución: 8 meses.

Clasificación requirida: grupo C, categoría E.

Exposición de proxectos: o proxecto e o prego de cláusulas administrativas particulares estarán de manifesto na Subdirección Xeral de Construccións, Equipamento e Servicios Educativos. Secretaría xeral desta consellería, edificio administrativo 2, San Caetano, Santiago de Compostela, durante o prazo de presentación de proposicións das 10 ás 14 horas. Os pregos de cláusulas administrativas particulares tamén se poderán examinar nas delegacións provinciais de Educación.

Prazo de presentación de proposicións: comezará o día seguinte ó da publicación da presente resolución no BOE e rematará o día 19 de xuño de 1995 ás 14 horas.

Lugar de presentación de proposicións: no rexistro xeral desta consellería, edificio administrativo 2, San Caetano, Santiago de Compostela. En canto ás proposicións por correo, haberá que aterse ó disposto na cláusula 8.1 do prego das administrativas particulares.

Documentación que presentarán os licitadores: a especificada nas cláusulas 8.2, 8.3, 8.4 e 8.5 do prego das administrativas particulares.

Exame da documentación: a mesa de contratación cualificará as documentacións presentadas e publicará a continuación no taboleiro de anuncios desta consellería o resultado da devandita cualificación, co fin de que se emenden, dentro do prazo que se indique, os defectos materiais observados na documentación.

Apertura de proposicións: realizaraa a mesa de contratación o día 23 de xuño de 1995 ás 12 horas na sala de xuntas desta consellería.

O importe deste anuncio será por conta da empresa adxudicataria.

Santiago de Compostela, 23 de maio de 1995.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Juan J. Bértolo Cadenas

Secretario xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria