Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Luns, 19 de xuño de 1995 Páx. 4.621

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 1995 pola que se fai pública a adxudicación definitiva da concesión do servicio de transporte público regular permanente e de uso xeral de viaxeiros por estrada entre A Estrada e Padrón, con anexos: V-2762; X-288.

O conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, o 4 de abril de 1995, resolveu outorgar, con carácter definitivo, á empresa Expres de Bea, S.L., a concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada ente A Estrada e Padrón, con anexos, de acordo, entre outras, coas seguintes condicións particulares:

1. Itinerarios e puntos de parada.

* A Estrada, Ponte Rodeiro, Toedo, Baloira, Nogueira, Souto de Vea, Vilanova, San Xurxo de Vea, Barcala, Pontecesures e Padrón.

* Sieiro, Barro, Santa Cristina de Vea e Nogueira.

* Ponte Rodeiro, Santa Baia, Gondomar, Dorelle, Trazarís e Vilanova.

2. Expedicións.

A Estrada-Pontesures (24 km)

* Unha expedición de ida e volta de luns a venres laborais.

Sieiro-Padrón (23,2 km)

* Unha expedición de ida e volta os domingos.

A Estrada-Vilanova por Sta. Baia (9,1 km)

* Unha expedición de ida e volta os domingos e mércores.

3. Tarifas.

Tarifa aplicable:

-Tarifa partícipe por viaxeiro/km: 9,0332 pesetas.

-Tarifa usuario: 9,6655 pesetas.

A tarifa usuanio obtense ó engadi-lo imposto correspondente á tarifa partícipe (7% IVE).

-Exceso de equipaxes e encargos: 1,3549 pesetas.

Santiago de Compostela, 5 de maio de 1995.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes