Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Luns, 19 de xuño de 1995 Páx. 4.596

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 24 de novembro de 1994 pola que se regula na Comunidade Autónoma de Galicia a fabricación e utilización de depósitos de polietileno para o almacenamento de productos petrolíferos da clase C en calefacción e usos non industriais.

Advertidos erros no texto da citada orde, publicada o 22 de decembro de 1994, no Diario Oficial de Galicia nº 245, páxinas 8.535 e 8.354 transcríbese a seguir as correccións oportunas:

-No artigo 3, parágrafo 1º, onde di: «... ou norma equivalente doutro país da Unión Europea ou da Asociación Europea Libre de Comercio...», debe dicir: «... ou norma equivalente orixinaria doutro país da Unión Europea ou da Asociación Europea de Libre Comercio...».

-No anexo I, onde di: «... foi construído de acordo coa norma UNE 53.432 ou equivalente doutro país da CEE e cumpre co disposto na Orde do 14 de novembro de 1994 da Consellería de Industria e Comercio, e realizáronse os ensaios e probas previstos nelas con resultado satisfactorio...», debe dicir: «... foi construído de acordo coa norma UNE 53.432 ou equivalente orixinaria doutro país da CEE ou da Asociación Europea de Libre Comercio e cumpre co disposto na Orde do 24 de novembro de 1994 da Consellería de Industria e Comercio, e realizáronse os ensaios e probas previstos nelas con resultado satisfactorio...».