Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Luns, 19 de xuño de 1995 Páx. 4.595

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

DECRETO 166/1995, do 16 de xuño, polo que se modifica o artigo 4 do Decreto 1/1991, do 11 de xaneiro, que regula a concesión da Medalla de Galicia.

O elevado número de candidatos que se veñen propoñendo para a concesión da Medalla de Galicia por moi diversos sectores da sociedade galega, fai necesario adapta-lo artigo 4 do Decreto 1/1991, do 11 de xaneiro, ás novas circunstancias.

Polo tanto, por proposta do conselleiro da Presidencia e Administración Pública, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día dezaseis de xuño de mil novecentos noventa e cinco,

DISPOÑO:

Artigo único.-Queda modificado o artigo 4 do Decreto 1/1991, do 11 de xaneiro, polo que se regula a concesión da Medalla de Galicia e dáselle a redacción seguinte:

Artigo 4º.-«Anualmente poderanse conceder como máximo unha Medalla de Galicia na súa categoría

de ouro, oito de prata e 14 de bronce. Non se computarán neste número as medallas de Galicia que se outorguen, se é o caso, por razóns de cortesía ou reciprocidade.

Tampouco se computarán no número de medallas sinaladas no parágrafo anterior as que sexan concedidas a institucións, fundacións, asociacións e persoas xurídicas ou morais en xeral».

Disposición derrogatoria

Queda derrogado o Decreto 137/1992, do 5 de xuño, polo que se modifica o artigo 4 do Decreto 1/1991, do 11 de xaneiro, que regula a concesión da Medalla de Galicia.

Disposición derradeira

O presente decreto entrará en vigor no mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, dezaseis de xuño de mil novecentos noventa e cinco.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública