Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Venres, 16 de xuño de 1995 Páx. 4.589

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 8 de maio de 1995 pola que se fai pública a adxudicación de diversos contratos de obras.

Para os efectos do disposto no artigo 119 do Regulamento xeral de contratos do Estado e demais concordantes, faise público que este instituto lles adxudicou ás empresas que se indican a continuación as obras de construcción citadas, ó prezo que igualmente se sinala:

-Construcciones Fontenla, S.A.

Expediente: C-95/010. Demolición, urbanización e construcción de 24 vivendas, garaxes e rochos, 1ª fase, en Melide (A Coruña), por un prezo de 144.185.845 pesetas (IVE incluído).

-Construcciones Alea, S.L.

Expediente: C-95/020. Construcción de 14 vivendas unifamiliares adosadas no Barqueiro, Mañón (A Coruña), por un prezo de 94.479.057 pesetas (IVE incluído).

-Construcciones Saborido, S.L.

Expediente: C-95/030. Construcción de 12 vivendas unifamiliares adosadas en Toques (A Coruña), por un prezo de 75.007.991 pesetas (IVE incluído).

-Construcciones Iroce, S.L.

Expediente: PO-95/040. Construcción de 10 vivendas unifamiliares adosadas en Crecente (Pontevedra), por un prezo de 74.967.877 pesetas (IVE incluído).

Santiago de Compostela, 8 de maio de 1995.

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo