Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Venres, 16 de xuño de 1995 Páx. 4.589

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 1995, da Dirección Xeral de Recursos Económicos pola que se anuncia concurso, polo procedemento de urxencia, co obxecto de concerta-lo servicio de transporte sanitario urxente na provincia de Pontevedra.

Obxecto e orzamento: a prestación do transporte sanitario urxente, cun orzamento indeterminado nas seguintes zonas da provincia de Pontevedra:

-Cambados, Ribadumia e Meis, con base recomendada en Cambados.

-A Cañiza e O Covelo, con base recomendada na Cañiza.

-O Grove e Meaño, con base recomendada no Grove.

-O Porriño e Salceda de Caselas, con base recomendada no Porriño.

-Sanxenxo, con base recomendada en Sanxenxo.

Prazo de execución: o concerto terá vixencia de un ano desde a data da sinatura, poderá ser prorrogado tacitamente por períodos anuais ata un máximo de 4 anos. Segundo se establece no punto 13 do prego tipo de cláusulas administrativas particulares.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria podé ser solicitada na Dirección Xeral de Recursos Económicos do Sergas, Subdirección Xeral de Orzamentos e Xestión Económica, edificio administrativo San Caetano, bloque, 2-2º en Santiago de Compostela, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas.

Fianza provisional: o importe da fianza provisional e de 100.000 ptas.

Clasificación: non se esixe.

Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral da Consellería/Sergas, antes das 14 horas do décimo día hábil, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do RXCE.

Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola Mesa de Contratación, reunida en acto público na sala de xuntas

da consellería, ás 10 horas do undécimo día natural, contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas; no caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o seguinte día hábil.

Documentación que deberán aporta-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta dos adxudicatarios dos contratos por partes iguais.

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 1995.

Antonio Carbajo Romero

Director xeral de Recursos Económicos