Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Xoves, 15 de xuño de 1995 Páx. 4.522

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ANUNCIO do 2 de maio de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se sinala data para pagamentos do prezo de taxación das instalacións eléctricas que se citan. (Expedientes números 51636 e 52279).

Faise saber a tódolos propietarios dos bens e dereitos afectados polas instalacións das liñas eléctricas a 15/20 kV Illana-Casilla, tramo II, e ó centro de transformación de Pedrouzos, nos concellos de Curtis e Melide, da entidade Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., que para os pagamentos do prezo de taxación por expropiación forzosa e imposición de servidumes de paso, conforme as indemnizacións acordadas polo xurado provincial de expropiación, se sinala o día 6 de xullo de 1995 ás 11 horas na Casa Consistorial de Curtis (Teixeiro), e ás 12.30 horas na de Melide.

Os pagamentos se corresponderán cos predios e interesados contidos nas listas que se remiten ós citados concellos, e verificaranse de conformidade cos artigos 48, 49 e 50 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 48, 49, 50 e 51 do seu regulamento, do 26 de abril de 1957.

A Coruña, 2 de maio de 1995.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña