De acordo coa base común 6.3 da Orde do 28 de marzo de 1995 (DOG do 7 de abril), pola que se convocaban procedementos selectivos para acceso ós corpos de profesores de ensino secundario, este
tribunal número 1 de lingua e literatura española acorda o seguinte:
Primeiro.-Acto de presentación dos opositores.
Data: 27 de xuño de 1995.
Hora: 9.30.
Centro: I.E.S.P. Cruceiro Baleares de Culleredo, r/ Acea da Ma (antiga universidade laboral).
Segundo.-Realización da proba de coñecementos de lingua galega.
Data: 27 de xuño de 1995.
Hora: 12.30.
Centro: I.E.S.P. Cruceiro Baleares de Culleredo, r/ Acea da Ma (antiga universidade laboral).
Terceiro.-Realización do primeiro exercicio ou, se é o caso, primeira parte da proba.
Data: 29 de xuño de 1995.
Hora: 16.
Centro: I.E.S.P. Cruceiro Baleares de Culleredo, r/ Acea da Ma (antiga universidade laboral).
Recórdase que, de conformidade co apartado 6.4 da Orde do 7 de abril de 1995, a asistencia ó acto de presentación é obrigatoria, e decaerán nos seus dereitos os aspirantes que non comparezan.
Santiago de Compostela, 6 de xuño de 1995.
O presidente do tribunal
Rubricado