De acordo coa base común 6.3 da Orde do 28 de marzo de 1995 (DOG do 7 de abril), pola que se convocaban procedementos selectivos para acceso ós corpos de profesores de ensino secundario, este tribunal número 1 de latín acorda o seguinte:
Primeiro.-Acto de presentación dos opositores.
Data: 27 de xuño de 1995.
Hora: 9.30.
Centro: I.B. As Lagoas de Ourense, r/ Eduardo Blanco Amor, nº 2.
Segundo.-Realización da proba de coñecementos de lingua galega.
Data: 27 de xuño de 1995.
Hora: 12.30.
Centro: I.B. As Lagoas de Ourense, r/ Eduardo Blanco Amor, nº 2.
Terceiro.-Realización do primeiro exercicio ou, se é o caso, primeira parte da proba.
Data: 30 de xuño de 1995.
Hora: 10.
Centro: I.B. As Lagoas de Ourense, r/ Eduardo Blanco Amor, nº 2.
Recórdase que, de conformidade co apartado 6.4 da Orde do 7 de abril de 1995, a asistencia ó acto de presentación é obrigatoria, e decaerán nos seus dereitos os aspirantes que non comparezan.
Santiago de Compostela, 6 de xuño de 1995.
O presidente do tribunal
Rubricado