Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Economía e Facenda, por Orde do 27 de marzo de 1995 (DOG nº 82, do 28 de abril), esta consellería, en uso das facultades e atribucións conferidas pola Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, no seu artigo 15.4º e de conformidade co disposto no artigo 27.2º da referida lei,
RESOLVE:
Primeiro.-Adxudicar destino, no posto de traballo que se indica, e selecciona-lo funcionario que se sinala no anexo da presente orde.
Segundo.-O cesamento no destino actual do funcionario que obtivo praza, producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ó da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
O prazo para a toma de posesión do novo destino, será de tres días a partir do seguinte ó do cesamento, de tratarse da mesma localidade onde actualmente preste servicios o funcionario, ou de un mes se radica en distinta localidade, de conformidade co estable
cido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e co disposto na base sétima da convocatoria.
Terceiro.-A xefatura do persoal do centro onde cause alta o funcionario efectuará, dentro dos prazos sinalados anteriormente, as dilixencias de toma de posesión e seguidamente serán realizados os trámites para a súa alta en nómina.
Das dilixencias efectuadas serán remitidas copias á Dirección Xeral da Función Pública, da Consellería da Presidencia e Administración Pública.
Cuarto.-Contra a presente orde, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, previsto na lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, do 27 de decembro de 1956, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, logo de comunicarllo a esta consellería, segundo o previsto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común,
Santiago de Compostela, 24 de maio de 1995.
Dositeo Rodríguez Rodríguez
Conselleiro da Presidencia e Administración Pública
ANEXO
Nº rexistro persoal: 3382285757-A2071.
Grupo: A.
Apelidos e nome: Gallego Fouz, Juan José.
Posto de traballo: asesor xurídico.
Nivel: 30.
Localidade: Santiago de Compostela.
Dependencia: Asesoría Xuirídica Xeral.