Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Xoves, 15 de xuño de 1995 Páx. 4.498

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 5 de abril de 1995, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas nos recursos contencioso-administrativos números 1/501, 502 e 503/1995, interpostos por Lidia Caamaño Fernández e outros ó amparo da Lei 62/1978, de protección xurisdiccional dos dereitos fundamentais da persoa.

Notificáronselle á Consellería de Sanidade e Servicios Sociais providencias da Sala do Contencio

so-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pola que se solicita a remisión dos expedientes correspondentes ós recursos contencioso-administrativos nº 1/501, 502 e 503/1995, interpostos por Lidia Caamaño Fernández, Carmen Taboada García e Manuel Martín Sabor, respectivamente, contra a Resolución do 16 de decembro de 1994, desta dirección xeral (DOG nº 242, do 19 de decembro), pola que se convoca concurso de traslados para a provisión de postos de traballo da clase de practicantes titulares, e contra o Decreto 200/1993, do 29 de xullo (DOG nº 167, do 31 de agosto), de ordenación da atención primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.

En consecuencia, esta dirección xeral acorda, de conformidade co disposto no artigo 8 da Lei 62/1978, do 26 de decembro, de protección xurisdiccional dos dereitos fundamentais da persoa, a remisión dos correspondentes expedientes administrativos á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento a tódalas persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer como parte en autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días.

Santiago de Compostela, 5 de abril de 1995.

Carlos Negreira Souto

Director xeral de Recursos Humanos