Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Mércores, 14 de xuño de 1995 Páx. 4.423

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 160/1995, do 3 de xuño, polo que se dispón o cesamento e o nomeamento de membros do Consello Escolar de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 5 da Lei 3/1986, do 18 de decembro, de consellos escolares de Galicia, no artigo 7 do Decreto 44/1988, do 11 de febreiro, polo que se desenvolve a dita lei, e na disposición transitoria primeira do Decreto 87/1992, do 26 de marzo, polo que se aproba o Regulamento do réxime interno do Consello Escolar de Galicia e no que se establece que se ten que proceder á renovación total do consello, e logo da designación polos organismos representativos dos sectores con incidencia no ámbito educativo, por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día tres de xuño de mil novecentos noventa e cinco,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Cesan como membros do Consello Escolar de Galicia as seguintes persoas:

1. En representación de pais de alumnos propostos polas confederacións ou federacións de asociacións

de pais de alumnos, en proporción á súa representatividade:

a) Ensino público:

Mª Carmen Mansilla Cabanillas (Confapa-Galicia).

b) Ensino privado:

Agustín Dosil Maceira (Confederación Cristiá de Asociación de Pais de Alumnos de Galicia).

Margarita Martínez Novas (Confederación Cristiá de Asociación de Pais de Alumnos de Galicia).

2. En representación de profesores propostos polos movementos de renovación pedagóxica de Galicia legalmente recoñecidos e en atención á súa representatividade:

Antonio Pedro Cid González (Federación Galega de MRPs).

Manuel Velo Gantes (Coordenadora Galega de MRPs).

Xosé Ramos Rodríguez (Coordenadora Galega de MRPs).

3. En representación das organizacións empresariais, que, de acordo coa lexislación vixente, teñan a consideración de máis representativos:

José Antonio Moar Armas (Confederación de Empresarios de Galicia).

Mª Sol Pombo Expósito (Confederación de Empresarios de Galicia).

4. En representación da universidade propostos polo seu máximo órgano de goberno:

Agustín Requejo Osorio.

Manuel Bermejo Patiño.

Artigo 2º

Noméanse membros do Consello Escolar de Galicia, nas condicións determinadas no articulado da Lei 3/1986, do 18 de decembro, de consellos escolares de Galicia, as seguintes persoas:

1. En representación de pais de alumnos propostos polas confederacións ou federacións de asociacións de pais de alumnos, en proporción á súa representatividade:

a) Ensino público:

Francisco Silvosa Costa (Confapa-Galicia).

b) Ensino privado:

Manuel Mora y Pita da Veiga (Confederación Cristiá de Asociación de Pais de Alumnos de Galicia).

José Luis Fernández Rodríguez (Confederación Cristiá de Asociación de Pais de Alumnos de Galicia).

2. En representación de profesores propostos polos movementos de renovación pedagóxica de Galicia legalmente recoñecidos e en atención á súa representatividade:

Raúl Gómez Farto (Federación Galega de MRPs).

Manuel Velo Gantes (Coordenadora Galega de MRPs).

Xosé Ramos Rodríguez (Coordenadora Galega de MRPs).

3. En representación das organizacións empresariais, que de acordo coa lexislación vixente, teñan a consideración de máis representativos.

José Antonio Moar Armas (Confederación de Empresarios de Galicia).

Basilio Toyos Alonso (Confederación de Empresarios de Galicia).

4. En representación da universidade propostos polo seu máximo órgano de goberno:

Agustín Requejo Osorio.

Miguel Anxo Santos Rego.

Disposición derradeira

O presente decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, tres de xuño de mil novecentos noventa e cinco.

Manuel Fraga Iribane

Presidente

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria