Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Martes, 13 de xuño de 1995 Páx. 4.416

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 22 de maio de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se anuncia, polo sistema de concurso de procedemento aberto, a obra de construccion de edificio para biblioteca intercentros e servicios administrativos no campus de Lugo.

Esta consellería, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar, polo sistema de concurso de procedemento aberto a obra que se cita:

-Construcción de edificio para biblioteca intercentros e servicios administrativos no campus de Lugo.

Orzamento de licitación: 844.829.134 ptas. (oitocentos corenta e catro millóns oitocentas vintenove mil cento trinta e catro pesetas).

Prazo de execución: 20 meses.

Clasificación requirida: grupo C, catergoría F.

Exposición de proxectos: o proxecto e o prego de Cláusulas administrativas particulares estarán de manifesto na Subdirección Xeral de Construccións e Equipamento, da secretaría xeral desta consellería, edificio administrativo 2, San Caetano, Santiago de Compostela, durante o prazo de presentación de proposicións das dez ás catorce horas. O prego de cláusulas administrativas particulares tamén se poderá examinar nas delegacións provinciais de Educación.

Prazo de presentación de proposicións: comezará o día seguinte ó da publicación da presente resolución no BOE e rematará o día 17 de xullo de 1995.

Lugar de presentación de proposicións: no rexistro xeral desta consellería, edificio administrativo 2, San Caetano, Santiago de Compostela. En canto ás proposicións por correo, haberá que aterse ó disposto na cláusula 8.1 do prego das administrativas particulares.

Documentación que presentarán os licitadores: a especificada nas cláusulas 8.2, 8.3 e 8.4 do prego das administrativas particulares.

Exame da documentación: a Mesa de Contratación cualificará as documentacións presentadas e publicará a continuación no taboleiro de anuncios desta consellería o resultado da devandita cualificación, co fin de que se corrixan, dentro do prazo que se indique, os defectos materiais observados na documentación.

Apertura de proposicións: será realizada pola Mesa de Contratación ás 12 horas do día 21 de xullo de 1995 na sala de xuntas desta consellería.

O importe deste anuncio correrá a cargo da empresa adxudicataria.

Santiago de Compostela, 22 de maio de 1995.

Juan J. Bértolo Cadenas

Secretario xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria