Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Martes, 13 de xuño de 1995 Páx. 4.415

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 1995 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de poxa con admisión previa, das obras que se citan (clave LU-01-03-94/421, PO-24-03-94/606 e CS-18-08-95/403).

A) Obras.

1. Acondicionamiento do acceso norte ó porto de Ribadeo.

Clave: LU-01-03-91/421.

Orzamento: trece millóns trescentas cincuenta e catro mil oitocentas vintecatro (13.354.824) pesetas.

Prazo de execución: 6 meses.

Fianza definitiva: cincocentas trinta e catro mil cento noventa e tres (534.193) pesetas.

Clasificación: grupo G, subgrupo 3, categoría c.

2. Rampa de descarga en Arcade.

Clave: PO-24-03-94/606.

Orzamento: cincuenta e un millón, oitocentas vintecatro mil cincocentas sesenta e seis (51.824.566) pesetas.

Prazo de execución: 12 meses.

Fianza definitiva: dous millóns setenta e dúas mil novecentas oitenta e tres (2.072.983) pesetas.

Clasificación: grupo F, subgrupo, 2, categoría c. Grupo F, subgrupo 3, categoría c.

3. Nave para reparación de redes no porto de Aguiño.

Clave: CS-18-08-95/403.

Orzamento: setenta e sete millóns cento oitenta e cinco mil novecentas setenta e catro (77.185.974) pesetas.

Prazo de execución: 8 meses.

Fianza definitiva: tres millóns oitenta e sete mil catrocentas trinta e nove (3.089.439) pesetas.

Clasificación: gupo C, subgrupo 2, categoría c. Grupo C, subgrupo 3, categoría c.

(Declarada urxente con base no establecido no artigo 26 da Lei de contratos do Estado).

B) Documentos de interese para os licitadores.

O prego de cláusulas administrativas particulares, así como os pregos de bases, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

C) Garantías que se lles esixen ós licitadores

Esixirase a fianza provisional indicada no apartado A) anterior, salvo nos casos establecidos no Real decreto 1883/1979, e unha fianza definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

As devanditas fianzas poderán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

D) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se xunta ó prego de cláusulas administrativas particulares.

E) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións deberán presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou ser enviadas por correo dentro do prazo de admisión sinalado

conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións terminará ás doce horas do décimo quinto día hábil, que non coincida en sábado, seguinte ó da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

F) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións será realizada pola Mesa de Contratación ás once horas do sexto día hábil, que non coincida en sábado, contado a partir do último día de presentación de proposicións.

G) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 1995.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda