Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Luns, 12 de xuño de 1995 Páx. 4.383

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARBO

EDICTO.

Inicialmente aprobada polo Pleno da Corporación Municipal en sesión extraordinaria do 4-3-1995, a unificación dos diversos tipos de escudos municipais que se veñen usando na documentación oficial; a teor do disposto no Decreto 258/1992 (DOG do 18-9), corrixido no DOG do 14-7-1993, exponse ó público por espacio de 30 días naturais na secretaría deste concello, para os efectos de que no dito prazo se poidan presentar alegacións contra el, considerándose definitivamente aprobado no caso de que non se presenten alegacións.

Arbo, 6 de abril de 1995.

Manuel Rivera Domínguez

Alcalde