Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Luns, 12 de xuño de 1995 Páx. 4.382

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO.

A Alcaldía-Presidencia, con data vintetrés de maio de 1995, adoptou acordo do seguinte teor literal:

«1. Aprobar inicialmente o proxecto de expropiación forzosa redactado polos servicios municipais que afecta ás casas números 13 e 14 da rúa Lagarto.

2. Optar para a execución do citado proxecto polo procedemento de taxación conxunta.

3. Somete-lo referido proxecto ó trámite de información pública polo prazo de un mes, mediante a inserción dos correspondentes anuncios na prensa e diarios oficiais, así como remitir notificacións persoais ós que neste momento aparecen como interesados, nos termos que prevé o artigo 219.4º do texto refundido da lei do solo, para que durante o referido prazo os interesados poidan consulta-lo proxecto de expropiación nas dependencias do Servicio de Urbanismo do Concello da Coruña, de luns a venres, de 12 a 13.30 horas, e presentar cantas alegacións coiden oportunas para defende-los seus dereitos».

O devandito proxecto afecta ós seguintes bens e dereitos:

-Casa número 13 da rúa Lagarto: edificación de planta baixa, de 107,90 m de superficie construída. Propietaria: Jesusa Gómez Fuentes, enderezo: Lagarto número 13.

-Casa número 14 da rúa Lagarto: edificación de planta baixa, de 102,06 m de superficie construída. Propietaria: Juana Longueira Abucide, enderezo: Lagarto número 14.

A Coruña, 23 de maio de 1995.

P.D.

O director do servicio

Rubricado

CONCELLO DE COSPEITO