Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Luns, 12 de xuño de 1995 Páx. 4.382

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión do día 20 de marzo de 1995, acordou aprobar inicialmente o plan especial de reforma interior para a unidade básica de edificación no Montiño entre a rúa da Mercé e a unidade de actuación número 19.

O que se fai público para xeral coñecemento, co fin de que á vista do expediente se poidan formula-las alegacións que se consideren pertinentes durante o prazo de un mes, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 5 de abril de 1995.

P.D.

O alcalde

Rubricado