Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Luns, 12 de xuño de 1995 Páx. 4.382

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 9 de maio de 1995, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia contratación directa das obras de reforma para a instalación da unidade de ecografía e mamografía no Hospital do Meixoeiro de Vigo (Pontevedra).

Obra: reforma para a instalación da unidade de ecografía e mamografía no Hospital do Meixoeiro de Vigo (Pontevedra).

Orzamento de contrata: 7.529.058 ptas.

Prazo de execución: 2 meses.

Clasificación do contratista: non se esixe.

Fianza definitiva: 301.162 ptas.

Exposición de proxectos.

Os proxectos e pregos de cláusulas administrativas particulares poderán examinarse na Dirección Xeral de Recursos Económicos (Subdirección Xeral de Investimentos) ou nas direccións provinciais do Sergas nas respectivas provincias, en días hábiles das 9 ás 14 horas.

Prazo de presentación de proposicións.

Deberán presentarse en man, no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, ou nas direccións provinciais correspondentes, antes das 14 horas do décimo quinto día hábil a partir da publicación do concurso no Diario Oficial de Galicia ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

Documentación que deben presenta-los licitadores.

Presentarase un sobre pechado coa documentación sinalada na cláusula 8 do prego de cláusulas administrativas polas que se rexe a adxudicación do contrato.

Apertura de proposicións.

Será realizada pola Mesa de Contratación nas dependencias da Dirección Xeral de Recursos Económicos, a partir das 10 horas do undécimo día natural seguinte ó do peche do prazo de admisión de ofertas.

No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar ó día hábil seguinte.

Anuncios.

Os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 9 de maio de 1995.

P.D. (Decreto 199, 16-6-1994)

Antonio Carbajo Romero

Director xeral de Recursos Económicos