Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Venres, 09 de xuño de 1995 Páx. 4.344

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

ASEPEYO

CONVOCATORIA de xunta xeral ordinaria e extraordinaria.

Por acordo da xunta directiva, convócase xunta xeral ordinaria e extraordinaria de mutualistas, que se celebrará o próximo día 28 de xuño, ás 12 horas, no domicilio social, sito en Barcelona, vía Augusta, nº 36, 8º piso.

En caso de non acada-la asistencia prevista nos artigos 19 e 20 dos estatutos sociais, a xunta celebrarase ás 13 horas do mesmo día e lugar.

A orde do día para a xunta xeral ordinaria e extraordinaria será a seguinte:

1. Exame e aprobación, se é o caso, da memoria, o balance, conta de liquidación do orzamento e a conta de xestión e de tesourería do exercicio pechado o 31 de decembro de 1994, e a distribución do excedente obtido.

2. Informe da auditoría elaborado pola Intervención Xeral da Seguridade Social.

3. Aprobación e ratificación, se é o caso, do orzamento ordinario para 1995.

4. Orzamentos para 1996.

5. Centro de prevención e rehabilitación Sant Cugat del Vallés.

6. Estatutos sociais.

7. Nomeamento, reelección e/ou ratificación de membros da xunta directiva e da comisión permanente.

8. Xunta consultiva.

9. Comisión de prestacións especiais.

10. Aprobación e ratificación, se é o caso, dos acordos e xestión da xunta directiva, a comisión permanente, a xerencia da entidade e a comisión de prestacións especiais.

11. Delegacións e apoderamentos, para os efectos procedentes.

A memoria, balance, conta de liquidación do orzamento, conta de xestión e conta de tesourería, estarán ó dispor dos mutualistas no domicilio social, coa antelación prevista no artigo 22 dos estatutos.

Para facer uso do dereito do voto, segundo o artigo 15 dos estatutos deberá acreditarse, perante o secretario da xunta directiva, estará o corrente das obrigas sociais.

Barcelona, 23 de maio de 1995.

Andrés Colomer Munmany

Presidente de Asepeyo