Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Venres, 09 de xuño de 1995 Páx. 4.344

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

APROBACIÓN inicial do proxecto de urbanización do SU-27 zonas 7 e 8 do PXOU.

O Concello Pleno en sesión extraordinaria celebrada con data 12 de maio de 1995, por vinte votos a favor e dúas abstencións do BNG, acordou aprobar inicialmente o proxecto de urbanización do sector urbano SU-27, zonas 7 e 8 do Plan Xeral de Ordenación Urbana, de Ourense, por instancia de Belén Vázquez Gómez.

Anúnciase a exposición ó público do dito proxecto no Departamento de Xestión e Promoción Urbana; en conformidade co establecido no artigo 117.3º do Real decreto lexislativo 1/1992, do 26 de xuño, polo que se aproba o texto refundido, da Lei sobre réxime do solo e ordenación urbana, polo prazo de quince días, contados desde a última data de publicación oficial, co obxecto de que as persoas ou entidades interesadas poidan formula-las alegacións ou reclamacións que se coiden pertinentes.

Ourense, 26 de maio de 1995.

Manuel Veiga Pombo

Alcalde