Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Venres, 09 de xuño de 1995 Páx. 4.342

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 27 de abril de 1995, da Dirección Xeral de Xustiza e Interior, pola que se fan públicas as propostas de resolución dos expedientes sancionadores GA-199-1/1993 e GA-200-1/1993.

Expediente sancionador: Ga-199-1/1993

Intentada a notificación directa á empresa operadora Complejo Educativo, S.A, da proposta de resolución formulada pola instructora no expediente de referencia, e ó non poder practicar esta, resolvín, ó amparo do previsto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, dispoñe-la publicación no Diario Oficial de Galicia do seguinte:

«Que o Consello da Xunta de Galicia, logo da proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, acorde sancionar:

1. A E.0. Complejo Educativo, S.A., solidariamente co seu xerente/apoderado, Jesús Fernández-Pedrera Morales, DNI 36.275.439, con multa de un millón unha pesetas (1.000.001 ptas.), pola comisión dunha infracción moi grave tipificada no artigo 28.a), en relación cos apartados c) e d), da Lei 14/1985, modificada por Lei 7/1991, e sancionable a través dos

artigos 31 e 32 da Lei 14/1985, por ter instalada e en explotación unha máquina tipo «B» no establecemento Restaurante de Pau, do concello do Pino (A Coruña), carecendo da documentación preceptiva, esixida pola lexislación vixente.

2. Impoñer como sanción accesoria a destrucción da respectiva máquina tipo «B», decomisada por carecer de toda documentación respectiva, esixida legalmente.

Comunícaselle ó interesado que dispón dun prazo de oito días hábiles desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, para formula-las alegacións que coide oportunas na defensa dos seus dereitos, segundo o disposto no artigo 7.2º d) da Lei 34/1987, do 26 de decembro, de potestade sancionadora da Administración pública en materia de xogos de envite, sorte e azar.

Expediente sancionador: Ga-200-1/1993

Intentada a notificación directa a empresa operadora Complejo Educativo, S.A., da proposta de resolución formulada pola instructora no expediente de referencia, e ó non poder practicar esta, resolvín, ó amparo do previsto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, dispoñe-la publicación no Diario Oficial de Galicia do seguinte:

«Que o Consello da Xunta de Galicia, logo da proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, acorde sancionar:

1. A E.O. Complejo Educativo, S.A., solidariamente co seu xerente/apoderado, Jesús Fernández-Pedrera Morales, DNI 36.275.439, con multa de un millón unha pesetas (1.000.001 ptas.), pola comisión dunha infracción moi grave tipificada no artigo 28.a), en relación cos apartados c) e d), da Lei 14/1985, modificada por Lei 7/1991, e sancionable a través dos artigos 31 e 32 da Lei 14/1985, por ter instalada e en explotación unha máquina tipo «B» no establecemento Pulpería Rosende, do concello de Boqueixón (A Coruña), carecendo da documentación preceptiva, esixida pola lexislación vixente.

2. Impoñer como sanción accesoria a destrucción da respectiva máquina tipo «B», decomisada por carecer de toda documentación respectiva, esixida legalmente.

Comunícaselle ó interesado que dispón dun prazo de oito días hábiles desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia oportunas na defensa dos seus dereitos, segundo o disposto no artígo 7.2º d) da Lei 34/1987, do 26 de decembro, de potestade sancionadora da Administración pública en materia de xogos de envite, sorte e azar.

Santiago de Compostela, 27 de abril de 1995.

Joaquín Macías Sánchez

Director xeral de Xustiza e Interior