Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Venres, 09 de xuño de 1995 Páx. 4.341

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 3 de maio de 1995, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo, pola que se anuncia concurso público número 2S/1995, baixo a configuración de contrato administrativo especial, para a contratación do servicio de telefonía nas habitacións do complexo hospitalario.

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7º f) da orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 15 de setembro de 1994 (DOG nº 191, do 3 de outubro), convoca o seguinte concurso público:

Obxecto: contratación do servicio de telefonía nas habitacións do complexo hospitalario, logo da preparación por conta do adxudicatario, das instalacións da rede con tendido de cable para 324 extensións interiores, incluíndo canalizacións e repartidores por plantas.

Prazo de execución: o prazo máximo de realización das instalacións fíxase en tres meses (3 meses), contados desde o momento da notificación da adxudicación.

Fianza provisional: trescentas noventa e sete mil ptas. (397.000 ptas.).

Duración do contrato: o prazo máximo de duración do contrato fíxase en 25 anos, prorrogables de mediar acordo mutuo das partes.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares, e demais documentación complementaria pódense solicitar na Sección de Contratación Administrativa do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes, rúa Pizarro, 22-36204 Vigo, en días laborais desde as 9 ata ás

14.3 horas no teléfono nº (986) 81 60 28 e fax nº (986) 81 60 29.

Presentación de proposicións: as proposicións, asinadas polo licitador ou persoa que o represente, deberanse presentar en man, en sobres pechados e lacrados, no rexistro xeral do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes, antes das 13 horas do vixésimo día hábil contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo do xeito indicado no artigo 100 do R.X.C.E.

Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola Mesa de Contratación, reunida en acto público, na sala de xuntas do Hospital Xeral ás 10 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas, no caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que deberán aporta-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán de conta do adxudicatario do contrato.

Vigo, 3 de maio de 1995.

Juan José Equiza Escudero

Director xerente do Complexo Hospitalario

Xeral-Cíes de Vigo

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS

LABORAIS