Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Venres, 09 de xuño de 1995 Páx. 4.320

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 1 de xuño de 1995 pola que se resolve a convocatoria, polo sistema de libre designación, de un posto de traballo vacante na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de un posto de traballo vacante na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola Orde do 14 de marzo de 1995 (DOG nº 63, do 30 de marzo).

Esta consellería, no uso das facultades e atribucións conferidas pola Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e os artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e no uso das facultades conferidas polo artigo 15.4º da referida lei,

RESOLVE:

Primeiro.-Adxudicarlle destino no posto de traballo que se indica á funcionaria da que se expresan os datos no anexo desta orde.

Segundo.-O cesamento no actual destino da funcionaria que obtivo a praza producirase no prazo de tres días contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión da praza adxudicada deberá realizarse no prazo dos tres días seguintes ó do cesamento, se se trata da mesma localidade na que presta os seus servicios a funcionaria, ou no prazo de un mes se se trata de distinta localidade, conforme o establecido no artigo 14 do decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Terceiro.-A Xefatura de Persoal do centro onde curse alta a funcionaria realizará dentro dos prazos sinalados nos apartados anteriores, a dilixencia de

toma de posesión e seguidamente levaranse a cabo os trámites necesarios para a entrada en nómina.

Da dilixencia daráselle traslado, mediante fotocopia, á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarto.-Contra esta orde poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, comunicándolle previamente a esta consellería a vontade de interpoñelo.

Santiago de Compostela, 1 de xuño de 1995.

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Denominación: xefe de Sección de Xestión Económica.

Código do posto: ED.C99.10.000.36001.007.

Dependencia: delegación provincial.

Localidade: Pontevedra.

Grupo: C.

Nivel: 24.

Corpo ou escala: administrativo da administración xeral da Xunta de Galicia.

Apelidos e nome: Crespo Sabarís, María Remedios.

Nº R. P. 35.257.469.24 A2053.