Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Venres, 09 de xuño de 1995 Páx. 4.320

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 12 de maio de 1995 pola que se nomea funcionarios en prácticas do corpo de mestres ós opositores seleccionados no procedemento selectivo convocado pola Orde do 7 de xuño de 1994 e están ocupando vacantes dotadas orzamentariamente.

Pola Orde do 7 de xuño de 1994 (DOG do 10) convocouse o procedemento selectivo de acceso ó corpo de mestres, en expectativa de ingreso na Comunidade Autónoma de Galicia.

O punto 11 da citada orde establece que as prácticas terán por obxecto a valoración de aptitudes para a docencia dos aspirantes seleccionados, realizando estas nos destinos provisionais que lles corresponda.

Na Orde do 10 de marzo, pola que se nomean funcionarios en prácticas do corpo de mestres a parte dos opositores seleccionados no procedemento selectivo convocado pola Orde do 7 de xuño de 1994, establecíase que os opositores que non eran nomeados funcionarios en prácticas terán a consideración de seleccionados en expectativa de ingreso ata que se produciran vacantes dotadas orzamentariamente.

Producidas diversas vacantes e, de conformidade co disposto no punto 41 da orde de convocatoria do 7 de xuño de 1994 (DOG do 10), procede nomear funcionarios en prácticas ós opositores que foron destinados a aquelas.

Na súa virtude, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria,

DISPÓN:

Primeiro.-Nomear funcionarios en prácticas do corpo de mestres ós aspirantes que se relacionan no anexo que se xunta.

Segundo.-O nomeamento como funcionario en prácticas producirá efectos económicos e administrativos desde a data da toma de posesión.

Terceiro.-O réxime retributivo dos funcionarios en prácticas será o establecido no Real decreto 456/1986, do 10 de febreiro (BOE do 6 de marzo), polo que se fixan as retribucións dos funcionarios en prácticas.

Cuarto.-Os funcionarios en prácticas que xa estean prestando servicios remunerados na Administración como funcionarios de carreira ou interinos, contratados administrativos ou como persoal laboral, sen prexuízo da situación administrativa ou laboral que de acordo coa normativa vixente lles corresponda, deberán formular opción para a percepción das remuneracións en canto persista a súa condición de funcionario en prácticas, de conformidade co disposto no Real decreto 456/1986, do 10 de febreiro (BOE do 6 de marzo).

Santiago de Compostela, 12 de maio de 1995.

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria