Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Venres, 09 de xuño de 1995 Páx. 4.317

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 7 de abril de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación no Diario Oficial de Galicia da revisión salarial do convenio colectivo da empresa Vulcarol, S.L.

Visto o expediente da revisión salarial do convenio colectivo da empresa Vulcarol, S.L., que tivo entrada nesta delegación provincial o día 4-4-1995, subscrito pola empresa e o delegado de persoal, de conformidade co disposto do xa citado corpo legal, artigo 90.2º e 3º da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no Rexistro de Convenios Colectivos de Traballo, obranta nesta

delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 7 de abril de 1995.

Fernando Rodríguez Corcoba

Delegado provincial da Coruña

ACTA FINAL

Representación empresarial:

José Luis Rodríguez García.

Luis López Pérez.

José Luis Roldan Bara.

José Manuel Lourido Nebril.

Representación social:

Claudio Cabanas Paz.

José L. Martín Freire (Asesor CIG).

Na Coruña, sendo as 17 horas do día 30 de marzo de 1995 e nos locais de Vulcarol, S.L., reúnense as persoas ó principio relacionados co fin de prosegui-las negociacións do convenio colectivo de Vulcarol, S.L. co seu presoal dedicado á limpeza do porto da Coruña, para o presente ano 1995.

Despois de diversas ofertas e contraofertas por ámbalas partes, chégase ós seguintes acordos:

1. Incremento salarial de 5.250 ptas., en cada unha das 15 pagas, repartindo esta cantidade de forma proporcional entre salario base e plus de asistencia.

2. Desconvocatoria por parte da representación social da folga prevista para os días 10, 11 e 12 do próximo mes de abril.

3. Incorporar estes acordos ó convenio colectivo en vigor, mantendo o resto do articulado nos seus propios termos.

4. Dar traslado destes acordos á Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, para os efectos, do seu rexistro e publicación no BOP, facultándose para este fin a calquera das partes.

Sen máis temas que tratar, levántase a sesión ás 20 horas, asinando os asistentes en proba de conformidade.

ANEXO

Táboa salarial do convenio de limpeza do porto da Coruña, publicado no BOP o día 8-7-1993, para 1995.