Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Mércores, 07 de xuño de 1995 Páx. 4.248

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación inical do proxecto de urbanización do sector C-1 (San Brais).

O Pleno da Corporación, en sesión do día 19 de maio de 1995, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro.-Prestar aprobación, con carácter inicial, ó proxecto de urbanización do solo C-1 (San Brais) do vixente PXOU, integrado polo da propia unidade de execución C-1 e do proxecto de trazado para novo acceso e enlace da estrada N-553 coa zona comercial na parcela denominada Granxa de San Brais, documentos redactados respectivamente polo arquitecto José Luis Pereiro Alonso e polo enxeñeiro de camiños, canle e portos Julio Grande Flórez, facéndose constar que este acto de trámite se adopta sen prexuízo da preceptiva autorización do MOPTMA en canto a accesos e enlace e de cantas outras autorizacións administrativas sexan necesarias.

Segundo.-Someter a información pulica o proxecto aprobado e o expediente tramitado, por un prazo de quince días, mediante anuncio do Diario Oficial de Galicia, BOP, un dos periódicos de maior circulación dela, e taboleiro de anuncios da Casa do Concello, computándose tal período desde a inserción do anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Pontevedra, 25 de maio de 1995.

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral