Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Mércores, 07 de xuño de 1995 Páx. 4.248

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

EDICTO do 18 de abril de 1995 polo que se anuncia a aprobación inicial dos proxectos de reforma de distribución de enerxía eléctrica e iluminación pública e conexión con sistemas xerais e adaptación de infraestructuras do sector de SUNP IN-F (ampliación do Ceao).

O Concello Pleno, en sesión celebrada o día 4-4-1995, acordou aprobar inicialmente os proxectos de reforma de distribución de enerxía eléctrica e iluminación pública e conexión con sistemas xerais e adaptación de infraestructuras do sector de SUNP IN-F (ampliación do Ceao), presentado por Xestur-Lugo.

Conforme o prevido nas disposicións vixentes sométese a información pública por prazo de quince días, durante o cal poderá ser examinado no Servicio

de Urbanismo (oficinas municipais de Quiroga Ballesteros), e presentarse reclamacións ou suxerencias que se desexen.

Lugo, 10 de abril de 1995.

Manuel Carrasco Uceda

Vicesecretario