Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Mércores, 07 de xuño de 1995 Páx. 4.245

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA, MULLER E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 10 de maio de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se anuncia a licitación polo sistema de concurso público aberto -tramitación urxente- da obra que se cita (clave C-1-1995).

A Delegación Provincial de Lugo anuncia a licitación polo sistema de concurso público aberto -mediante tramitación de urxencia- da obra que de seguido se identifica:

a) Obra.

Clave: C-1-1995.

Obra: reforma das instalacións de fontanería e calefacción da residencia xuvenil Eijo Garay, r/ Pintor Corredoira, 4. Lugo.

Orzamento: cinco millóns cincocentas trinta e seis mil catrocentas doce pesetas (5.536.412).

Prazo de execución: un mes.

Clasificación: grupo C, categoría D.

Fianza provisional: 110.728 ptas.

(Declarada urxente con base no establecido no artigo 26 da Lei de contratos do Estado).

b) Documentos de interese para os licitadores.

O prego de cláusulas administrativas particulares, así como o proxecto, estarán de manifesto e ó dispor dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Delegación Provincial da Consellería de Familia, Muller e Xuventude, Ronda de Fingoi, s/n, en Lugo.

c) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase a fianza provisional indicada no apartado a) anterior, e unah fianza definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

A devandita fianza, poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

d) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente, conforme ó modelo que se xunta ó prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións deberán presentarse en sobre pechado no rexistro da Delegación Povincial da Consellería de Familia, Muller e Xuventude de Lugo, ou de acordo cos procedementos previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

O prazo de admisión das proposicións terminará ás catorce horas do décimo quinto día hábil seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

f) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións será realizada pola Mesa de Contratación ás once horas do terceiro día hábil, pasando ó luns seguinte no caso de que coincida en sábado, contado a partir do derradeiro día de presentación de proposicións, nas dependencias da Delegación Provincial da Consellería de Familia, Muller e Xuventude de Lugo.

g) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta do adxudicatario.

Lugo, 10 de maio de 1995.

Ana Chao Vázquez

Delegada provincial de Lugo