Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Mércores, 07 de xuño de 1995 Páx. 4.244

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia concurso de asistencias técnicas.

A Delegación Provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes de Pontevedra resolve convoca-la seguinte licitación polo sistema de concurso e procedemento de urxencia:

Obxecto: contratación de asistencias técnicas que figuran na relación, de acordo coas bases e pregos aprobados para iso.

O orzamento, prazo de execución e clasificación dos contratistas serán os que se sinalan na relación.

Fianza provisional: exenta.

Fianza definitiva: 4% sobre importe do orzamento.

Exposición de pregos: estarán de manifesto nos Servicios de Contratación e Estructuras e Desenvolvemento Rural desta delegación (rúa Benito Corbal 47, Pontevedra), de 9 a 14 horas, durante o prazo de presentación de proposicións.

Prazo de presentación de proposicións: comezará o día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG e rematará ás 12 horas do décimo quinto día hábil seguinte ó da publicación.

Lugar de presentación de proposicións: o rexistro da delegación provincial, e man, ou enviaranse por correo ó Servicio de Contratación desta delegación (rúa Benito Corbal 47, Pontevedra), coas formalidades que determina o artigo 100 do Regulamento

xeral de contratación modificado polo Real decreto 2528/1986.

Documentación a presentar polos licitadores: a que se sinala nos pregos de cláusulas administrativas particulares.

Apertura de proposicións: ás 10 horas do décimo día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación de proposicións, que no cadre en sábado.

Gastos de publicación: por conta dos adxudicatarios.

1º.-Título proxecto: proxecto de colaboración de servicios técnicos para a realización dos estudios sobre preparación das bases provisionais de concentración parcelaria na zona de Monte Moreira (A Estrada-Pontevedra).

-Clave: 52117065.

-Orzamento: 7.115.148 ptas.

-Prazo de execución: doce meses.

-Clasificación contratistas: non é necesaria.

2º.-Título proxecto: proxecto de colaboración de servicios técnicos para a realización dos estudios sobre preparación das bases provisionais de concentración parcelaria na zona de Gres (Vila de Cruces-Pontevedra).

-Clave: 52159066.

-Orzamento: 3.077.715 ptas.

-Prazo de execución: sete meses.

-Clasificación contratistas: non é necesaria.

Pontevedra, 15 de maio de 1995.

Manuel Abeledo López

Delegado provincial de Pontevedra