Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Mércores, 07 de xuño de 1995 Páx. 4.243

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 2 de maio de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, pola que se fai pública a adxudicación da poxa con admisión previa das obras de mellora da capa de rodadura de camiños da zona de concentración parcelaria de Andabao e outros, concello de Boimorto, A Coruña, e catro máis.

Por Resolución do 3 de xaneiro de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, anunciouse a citada poxa con admisión previa.

Cumpridos os trámites regulamentarios en materia de contratación administrativa, o titular da consellería resolveu adxudicarlles as obras ás empresas:

1. Mellora da capa de rodadura de camiños da zona de concentración parcelaria de Andabao e outros (concello de Boimorto, A Coruña). X-2945. (Número 130).

-Antonio Filloy, S.A., importe de adxudicación: 14.921.167 pesetas.

2. Mellora de capas de rodadura de camiños en Benquerencia (Barreiros, Lugo). X-3002. (Número 131).

-Isidro Otero García, importe de adxudicación: 17.148.647 pesetas.

3. Acondicionamento e mellora de camiños en Prevesos, Castro de Rei (Lugo). X-3000. (Número 132),

-Construcciones Leonardo Miguélez, S.L., importe de adxudicación: 12.947.666 pesetas.

4. Construcción do camiño de acceso ó cemiterio e acondicionamento do aparcamento en Vilaxoán (Vilagarcía de Arousa, Pontevedra). X-2781. (Número 133).

-Jesús Castro Puente, importe de adxudicación: 9.749.750 pesetas.

5. Mellora da capa de rodadura no camiño de Cruz de Novas-Becerros e outros no concello de Cerdido (A Coruña). X-3222. (Número 134).

-José No Mantiñán e Hijos, Construcciones, S.A., importe de adxudicación: 17.070.928 pesetas.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 38 da Lei de contratos do Estado e 119 do seu regulamento.

Santiago de Compostela, 2 de maio de 1995.

Antonio L. Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes