Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Mércores, 07 de xuño de 1995 Páx. 4.243

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de abril 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número S.X.P.A.; IN407A 95/36-2; libro rexistro, 4293 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Saáenz Díez, 45, 32000 Ourense.

Denominación: centro de transformación de distribución tipo edificio.

Situación: travesía rúa Taboada-Chantada.

Descricións técnicas: centro de transformación de distribución tipo edificio de 1000 kVA e tensión 20 kV, con dúas celas de liña e unha cela de protección. Inicialmente colocarase un transformador de 630 kVA, cunha lonxitude de liña de 70 metros.

Orzamento: 6.027.841 pesetas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 6 de abril de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo