Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Mércores, 07 de xuño de 1995 Páx. 4.240

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de marzo de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación, eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 95/28-1) (29455).

Os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica Fenosa, S.A.

Enderezo social: Fernando Macías, 2, 15004 A Coruña.

Denominación: ampliación de dous módulos de liña na subestación de Mera.

Situación: Mera (Ortigueira).

Descricións técnicas: proxecto de ampliación da subestación transformadora de Mera de 132/20 kV e 6 MW, consistente en:

Desmontaxe da posición actual de Cornido e montaxe da futura posición de Cornido.

Montaxe da posición de Cedeira.

Instalaranse:

Pórtico de aceiro que sustentará barras de 132 kV.

Dous interruptores tripolares de 145 kV e 2.500 A.

Seis trafos de intensidade 145 kV, e 600-1.200 A/5-5-5A.

Catro seccionadores tripolares con CPT e 145 kV.

Seis trafos de tensión capacitivos.

Unha bobina de bloqueo.

Equipos de mando, sinalización, control e medida.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 17 de marzo de 1995.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña