Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Mércores, 07 de xuño de 1995 Páx. 4.240

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ANUNCIO de información pública.

Aprobado tecnicamente, por resolución da Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, da Xunta de Galicia, do 23 de febreiro de 1995, o proxecto de alargamento e mellora da estrada PO-400 de Salvaterra (PO-404) A Filgueira (C-531), tramo: Arbo-Crecente, de clave: N-PO-89.16.5, sométese o citado proxecto ó trámite dé información pública durante un período de trinta días hábiles, a partir da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, coa finalídade de que aqueles que o consideren oportuno poidan formular por escrito ante este Servicio Provincial de Estradas as observacións que coiden convenientes, de acordo co establecido no artigo 15.lº da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia, advertíndose que o citado proxecto pode examinarse durante o dito prazo, en horas hábiles de oficina, neste servicio e nos concellos de Arbo e Crecente.

Ó mesmo tempo, sométese á información pública prevista no Decreto 327/1991, da Xunta de Galicia, relativo á avaliación dos efectos ambientais.

Pontevedra, 16 de marzo de 1995.

José Enrique Pardo Landrove

Enxeñeiro xefe