Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Martes, 06 de xuño de 1995 Páx. 4.216

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA

ANUNCIO.

A Sala de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, na súa reunión do 7 de abril de 1995, acordou nomear por un período de catro anos os xuíces titulares ou substitutos que máis abaixo se indican dos distintos concellos desta Comunidade Autónoma, nomeamento que se fai directamente xa que no concurso que convocou esta sala de goberno ultimamente non houbo ningún solicitante ou, noutro caso, os solicitantes non foron considerados idóneos para o desempeño do cargo, e tendo en conta que os concellos no seu día non elixiron persoa ningunha para os ditos cargos.

Provincia da Coruña.

Boiro: substituto, Ramón Santamaría Piñeiro.

A Capela: substituto, José Gabeiras Pena.

Provincia de Lugo.

Ribas de Sil: titular, Manuel Cao Villar.

Contra este acordo poderán os interesados presentar recurso de alzada dentro dos 15 días seguintes á publicación desta edicto para ante o Consello Xeral do Poder Xudicial.

Os xuíces de paz nomeados deberán prestar xuramento ou promesa na forma que establece o artigo 101.5º da Lei orgánica do poder xudicial perante o xuíz de primeira instancia respectivo no prazo de 10 días a partir do seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e, posteriormente, no prazo de 3 días tomarán posesión no Xulgado de Paz para o que sexan nomeados, ante quen se achar exercendo a xurisdicción.

Aqueles xuíces de paz nomeados que estean incursos nalgunha incompatibilidade, deberán optar dentro do prazo de oito días pola praza que lles interese.

A Coruña, 7 de abril de 1995.

Vicente Fernández Riera

Secretario da Sala de Goberno do Tribunal Superior

de Xustiza de Galicia