Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Martes, 06 de xuño de 1995 Páx. 4.216

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONSORCIO DA CIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO do concurso público para adxudicación da obra de reparación do convento de Santa Clara na cidade de Santiago de Compostela.

-Obxecto do concurso: reparación do covento de Santa Clara na cidade de Santiago de Compostela.

-Tipo de licitación: 28.888.212 ptas., IVE incluído.

-Garantía provisional: 2% sobre o tipo de licitación.

-Garantía definitiva: 4% sobre o tipo de adxudicación.

-Prazo de execución: 3 meses.

-Clasificación do contratista: grupo K, subgrupo 7, categoría C.

-Modelo de proposta:

Don/Dona..., veciño/a de..., con domicilio en (rúa, lugar, etc.)..., número..., DNI..., en plena posesión da súa capacidade xurídica e de obrar, tomo parte en nome propio (ou en representación de...) na licitación do contrato de..., que a continuación fago constar:

a) Ofrezo o prezo de... ptas. (en letra e números), o que supón unha baixa de... ptas. (en letra e números) con respecto ó tipo de licitación.

b) Coñezo e acepto tódalas cláusulas do prego de condicións que rexe a licitación.

c) Comprométome a cumprir tódalas disposicións legais en materia de contratación laboral, seguridade social e protección á industria nacional.

..., ... de... de 199...

-Presentación de ofertas: realizarase no rexistro xeral do Consorcio (Rúa do Vilar, 59, Santiago de Compostela), en horario das 9 ás 14 horas, dentro do prazo de vinte días hábiles, contados desde o día seguinte ó da publicación desta anuncio no BOE, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do RXCE.

As ofertas serán individuais, e presentaranse en sobre pechado nas condicións establecidas no prego correspondente que pode ser consultado nas oficinas do Consorcio da Cidade de Santiago de Compostela (Rúa do Vilar, 59), en horario de 9 a 14 horas.

-Apertura de plicas: terá lugar na sede do Consorcio da Cidade de Santiago de Compostela ás 12 horas do quinto día hábil seguinte ó do peche do prazo de presentación de ofertas.

No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 29 de maio de 1995.

Javier Castiñeira Izquierdo

Secretario do Consorcio da Cidade de Santiago de

Compostela