Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Luns, 05 de xuño de 1995 Páx. 4.166

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 2 de marzo de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a incoación dos expedientes sancionadores EN 44/1994 e EN 39/1994 (espacios naturais-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan a incoación de expediente sancionador por infracción da Lei 4/1989, do 27 de marzo, da conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres.

Que, así mesmo, designo instructora do expediente a Pilar Pita Ponte e secretaria a Mercedes Valdés Rodríguez.

O que se notifica, para os efectos previstos, no artigo 29 da devandita Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, podendo recusalos en calquera momento do expediente por algunha das causas previstas no artigo 28 da citada lei.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os denunciados disporán dun prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formularen as alegacións, achegaren documentos ou presentaren as probas que conveñan ó seu dereito, advertíndolles que de non efectuaren alegación ningunha no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, e darse os supostos previstos no artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9 de agosto).

Pontevedra, 2 de marzo de 1995.

Manuel Abeledo López

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

-Expediente: EN 39/1994.

Denunciado: Ángel Álvarez Riveiro.

Último domicilio coñecido: Barrantes-Ribadumia.

Feito denunciado: extracción area, no lugar da Lanzada.

Precepto infrinxido: artigo 38.2º da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres.

Precepto sancionador: artigo 39 da Lei 4/1989, de

conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres.

Sanción: 15.000 ptas.

-Expediente: EN 44/1994.

Denunciado: Carlos Ramos Doce.

Último domicilio coñecido: Fontáns, 59, Sta, Mª de Xeve (Pontevedra).

Feito denunciado: venda de ramos de acevo, no mercado do Progreso de Vigo.

Precepto infrinxido: artigo 38.13º da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres.

Precepto sancionador: artigo 39 da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres.

Sanción: 10.000 ptas.