Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Luns, 05 de xuño de 1995 Páx. 4.165

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ANUNCIO do 11 de abril de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se sinala a data para pagamentos do prezo xusto da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 51874).

Fáiselles saber a tódolos propietarios dos bens e dercitos afectados polas instalacións de liñas eléctricas a 15/20 kV Carballal-Pousada e centros de transformación en Capela e Traba, da entidade Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., que para os pagamentos do prezo xusto por expropiación forzosa e imposición de servidumes de paso, conforme as indemnizacións acordadas polo Xurado Provincial de Expropiación, se sinala o día 15 de xuño de 1995, a partir das 11.30 horas na Casa do Concello de Rianxo.

Os pagamentos corresponderanse cos predios, interesados e horarios que se lles notificarán a estes,

contidos na lista que se lle remite ó citado concello, verificaranse de conformidade cos artigos 48, 49 e 50 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, e 48, 49, 50 e 51 do seu Regulamento do 26 de abril de 1957.

A Coruña, 11 de abril de 1995.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña