Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Luns, 05 de xuño de 1995 Páx. 4.140

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 22 de marzo de 1995, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo número 01/0000223/1995, interposto por Alberto Freire Mallo.

Con data 13 de marzo de 1995, a Dirección Xeral da Función Pública, recibe da Sala do Contencioso-Administrativo, sección primeira, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, providencia pola que se admite o recurso contencioso-administrativo número 01/0000223/1995, interposto por Alberto Freire Mallo contra resolución do conselleiro da Presidencia

e Administración Pública de 10-1-1995, desestimatoria de recurso de reposición contra outra misma consellería, sobre denegación de compatibilidade ás actividades de ATS en Juan Canalejo e na Mutua Galega de Accidentes.

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta, data, e de conformidade co disposto no artigo 64 da Lei do 27 de decembro de 1956, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, modificada pola Lei 10/1992, do 30 de abril, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala. O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento que son emprazadas para que poidan comparecer en forma en autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove días.

Santiago de Compostela, 22 de marzo de 1995.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública