Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Venres, 02 de xuño de 1995 Páx. 4.121

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SARRIA

BASES para a provisión, en propiedade, de unha praza de auxiliar de Administración xeral.

1. Obxecto da convocatoria.

1.1. O obxecto da presente convocatoria é a provisión en propiedade de unha praza de auxiliar de Administración xeral, encadrada, de conformidade co Real decreto lexislativo 781/1986, na escala de Administración xeral, subescala auxiliar, grupo D, incluída na oferta de emprego público correspondente ó ano 1995, a cubrir polo sistema de oposición libre.

1.2. A praza obxecto desta convocatoria está dotada cos haberes básicos correspondentes ó grupo D e demais emolumentos que correspondan conforme a lexislación vixente.

1.3. Corresponderán ó funcionario que obteña praza as funcións previstas na lexislación de réxime local e demais concordantes.

2. Lexislación aplicable.

A presente oposición rexerase polo establecido na Lei 7/1985, do 2 de abril; no Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril; na Lei 30/1984, do 2 de agosto e demais leis que a modificaron; Real decreto 896/1991, do 7 de xuño; Real decreto 2223/1984, do 19 de decembro; e nas bases desta convocatoria e demais disposicións que lle sexan de aplicación.

3. Requisitos dos candidatos.

Para ser admitido ás probas selectivas precisarase reuni-los seguintes requisitos:

a) Ser español ou cidadán membro dun estado da Comunidade Económica Europea, nos termos da Lei 17/1993, do 23 de decembro.

b) Ter cumpridos dezaoito anos.

c) Estar en posesión do título de graduado escolar, formación profesional de primeiro grao ou titulo equivalente.

d) Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das correspondentes funcións públicas.

e) Non estar separado do servicio de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario nin estar inhabilitado para o exercicio de funcións públicas.

Os aspirantes déberán posuír tódolos requisitos anteriormente relacionados no momento de remata-lo prazo de presentación de instancias.

4. Solicitudes.

4.1. Os que desexen tomar parte no presente proceso selectivo deberán presentar solicitude no modelo oficial, que se facilitará na oficina de rexistro desta concello, facendo constar expresamente que:

a) Reúne todos e cada un dos requisitos da convocatoria.

b) Se compromete, no caso de obte-la praza, a xurar ou prometer lealdade a El-Rei, respecto ós dereitos da persoa e estricta observancia da lei.

4.2. As instancias dirixiranse ó alcalde-presidente do Concello de Sarria, e con elas presentarase xustificante de ter ingresado na depositaría municipal desta concello os dereitos de exame.

4.3. Os solicitantes deberán ingresar na depositaría desta concello a cantidade de 2.000 pesetas en concepto de dereitos de exame.

4.4. As solicitudes presentaranse no rexistro de entrada do Concello de Sarria.

Tamén podarán presentarse na forma establecida no artigo 38 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

4.5. O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

5. Tribunal cualificador.

O tribunal cualificador estará constituído da seguinte forma:

Presidente: o da corporación ou membro dela en quen delegue.

Vocais:

-Un representante da Escola Galega de Administración Pública.

-Un representante da Comunidade Autónoma.

-Un funcionario de carreira, de titulación igual ou superior á esixida para a praza obxecto desta convocatoria, nomeado por proposta dos delegados de persoal.

-O secretario da corporación, quen tamén actuará como secretario do tribunal.

Para cada un dos membros do tribunal designarase un suplente.

O tribunal non podará actuar sen a asistencia de máis da metade dos seus membros, titulares ou suplentes, indistintamente.

O nomeamento das persoas que integrarán o tribunal cualificador realizarase por resolución da alcaldía, vistas as propostas formuladas polos organismos correspondentes.

Os membros do tribunal deberán absterse de intervir, comunicándollo ó alcalde, cando concorra algunha das causas previstas no artigo 28 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Os membros do tribunal terán dereito pola súa concorrencia ás sesións, ó aboamente de asistencias, na contía regulamentariamente establecida.

O tribunal poderá reclama-la axuda doutras persoas, funcionarios ou non, co obxecto de que estas presten asesoramento sobre a valoración das probas que se van realizar, aboándolle-las indemnizacións que correspondan.

6. Admisión de candidatos, nomeamento do tribunal e determinación da data de comezo dos exercicios.

6.1. Para ser admitido á práctica das probas selectivas bastará con que os aspirantes manifesten nas súas instancias que reúnen todos e cada un dos requisitos esíxidos na base 3 e xustifiquen que aboaron os dereitos de exame.

6.2. Rematado o prazo de presentación de instancias, o alcalde-presidente do Concello de Sarria dictará resolucións, polas que:

a) Se declare aprobada a lista de admitidos e excluídos, na que se fará consta-lo nome, apelidos e documento nacional de identidade dos opositores, indicando, se é o caso, as causas de exclusión daqueles que fosen declarados excluídos. De non producirse reclamacións contra a lista provisional, esta quedará elevada a definitiva.

b) Se nomeen, de acodo coas precedentes bases, as persoas que han de formar parte do tribunal cualificador.

c) Se determine o lugar, a hora e a data do comezo dos exercicios.

Estas resolucións serán publicadas no BOP, e servirán de emprazamento ós opositores para o comezo das probas selectivas. Os anuncios da celebración das restantes probas publicaranse, sucesivamente, no taboleiro de anuncios do concello.

O tribunal acordará a data, a hora e o lugar na que se efectuará o sorteo que determine a orde de actuación dos opositores naquelas probas que non poidan realizarse conxuntamente, publicándose o resultado no BOP.

7. Comezo e desenvolvemento da oposición.

Quince días antes do comezo do primeiro exercicio anunciarase no BOP o día, a hora e o lugar en que se realizará.

Os opositores serán convocados para cada exercicio en chamamento único, salvo causas de forza maior, debidamente xustificadas e apreciadas libremente polo tribunal.

Unha vez iniciadas as probas non será obrigatoria a publicación dos sucesivos anuncios no BOP para a celebración das restantes probas, sen prexuízo de facelo no taboleiro de anuncios da Casa do Concello ou no lugar onde se celebren.

8. Exercicios.

Primeiro exercicio.

De carácter obrigatorio para tódolos aspirantes.

Consistirá en copiar a máquina durante dez minutos un texto facilitado polo tribunal a unha velocidade mínima de duascentas cincuenta pulsacións por minuto. Valorarase a velocidade desenvolvida, a limpeza e a exactitude do copiado.

Os aspirantes deberán vir provistos de máquina de escribir con que realizarán a proba. De ser eléctrica ou electrónica, deberá estar desprovista de memoria ou sistema de corrección ou telos bloqueados. Para efectos de puntuación, considerarase que duascentas cincuenta pulsacións de máquina de escribir manual equivalen a duascentas oitenta de máquina de escribir eléctrica ou electrónica.

Segundo exercicio.

De carácter igualmente obrigatorio para tódolos opositores que superaran o anterior.

Consistirá en desenvolver por escrito, durante un período máximo de sesenta minutos, un tema sinalado polo tribunal relacionado co programa anexo, sen que teña que responder a ningún epígrafe ou tema en concreto do dito anexo.

Valoraranse os coñecementos do tema, o nivel de formación xeral, a ortografía, a claridade de expresión e a capacidade de redacción.

Terceiro exercicio.

De carácter igualmente obrigatorio para tódolos aspirantes que superasen o segundo exercicio.

Consistirá en contestar oralmente, nun período máximo de trinta minutos, dous temas extraídos ó chou polo opositor, de entre os que figuran no programa anexo a esta convocatoria, un da primeira parte e outro da segunda.

A celebración das probas desta exercicio será pública.

Rematada a exposición da totalidade dos temas, o tribunal poderá dialogar co aspirante sobre materias obxecto daqueles e pedirlle calquera otra explicación complementaria. O diálogo terá unha duración máxima de dez minutos.

Cuarto exercicio.

Tamén de carácter obrigatorio para os opositores que superasen o terceiro.

Consistirá na traducción por escrito dun texto de carácter legal ou administrativo, elixido polo tribunal, do idioma castelán ó galego, e traducción a este idioma dun texto redactado en castelán.

O tribunal poderá requirir, en calquera momento, os aspirantes para que acrediten a súa identidade, polo que se deberán acudir a tódolos exercicios provistos do documento nacional de identidade.

9. Cualificación dos exercicios.

Os exercicios serán eliminatorios e cualificaranse de 0 a 10 puntos. Serán eliminados os opositores que non acaden un mínimo de cinco puntos en calquera dos ditos exercicios.

A cualificación de cada exercicio será o cociente que resulte de dividi-la suma das puntuacións outorgadas polos distintos membros de tribunal, entre o número dos membros del que asistan a reunión de cualificación.

10. Relación de aprobados, presentación de documentos e nomeamento.

Rematada a cualificación dos aspirantes, o tribunal publicará a relación de aprobados pola orde de puntuación, non podendo supera-lo número de prazas convocadas. Esta relación será elevada polo tribunal, xunto coa acta da última sesión celebrada por este, ó presidente da corporación para que efectúe o correspondente nomeamento de funcionario de carreira.

O opositor proposto presentará na secretaría da corporación, dentro do prazo de vinte días naturais, contados desde que se faga pública a relación de aprobados, os seguintes documentos acreditativos das condicións que para tomar parte na oposición se esixen na base 3:

a) Fotocopia do documento nacional de identidade, que deberá presentarse acompañado do orixinal, para a súa compulsa.

b) Copia autenticada ou fotocopia (que deberá presentarse acompañada do orixinal para a súa compulsa), do título de graduado escolar, título superior ou equivalente do que estea en posesión o aspirante. No suposto de que se alegue estar en posesión dun título equivalente ó de graduado escolar, deberá achegarse certificación do órgano competente acreditativa da equivalencia alegada.

c) Certificado acreditativo de non padecer enfermidade ou defecto físico que impida o desempeño das correspondentes funcións. O dito certificado deberá ser expedido pola Xefatura Provincial de Sanidade.

d) Declaración xurada de non ter sido separado, mediante expediente disciplinario, do servicio do Estado, das comunidades autónomas ou das entidades locais, nin encontrarse inhabilitado para o exercicio das funcións públicas.

e) Certificado de antecedentes penais.

Os que tivesen a condición de funcionario público estarán exentos de xustificaren documentalmente as condicións e requisitos xa demostrados para obte-lo seu anterior nomeamento, debendo presentar certificación do ministerio ou organismo de que dependan para acreditar tal condición.

Os que dentro do prazo sinalado, salvo casos de forza maior, non presentasen a documentación, ou do exame desta se deducise que carece dalgún dos requisitos especificados na base 3, non poderán ser nomeados funcionarios e quedarán anuladas tódalas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que puidese ter incorrido por falsidade dimanante da solicitude para participar na oposición.

A alcaldía do Concello de Sarria nomeará funcionario o opositor proposto polo tribunal, que presentase a documentación esixida, publicándose a resolución no Boletín Oficial del Estado.

11. Toma de posesión.

A toma de posesión do opositor nomeado efectuase no prazo de un mes, contado a partir da notificación da resolución de nomeamento.

12. O tribunal queda facultado para resolve-las dúbidas que poidan presentarse e toma-los acordos necesarios no inherente á oposición, en todo o non previsto nas bases.

ANEXO

PARTE PRIMEIRA

Tema 1. A Constitución española de 1978: significado e estructura. Principios xerais. Reforma da Constitución. O Tribunal Constitucional.

Tema 2. Dereitos e deberes fundamentais dos españois. O Defensor do Pobo.

Tema 3. A organización do Estado na Constitución. A Coroa. As atribucións de El-Rei. As Cortes Xerais: composición, atribucións e funcionamento. O Poder Xudicial.

Tema 4. A organización territorial do Estado na Constitución. As comunidades autónomas. A Administración local.

Tema 5. A organización da Administración pública no ordenamento español. A Administración do Estado. A organización ministerial. O presidente do Goberno. Os ministros.

Tema 6. A constitución das comunidades autónomas, competencias. Estatuto de autonomía: procedemento de elaboración. Contido e valor normativo. O sistema institucional das comunidades autónomas.

Tema 7. O acto administrativo: concepto, clases e elementos. O procedemento administrativo: o seu significado.

Tema 8. Fases do procedemento administrativo xeral: iniciación, ordenación, instrucción, terminación e execución.

Tema 9. O administrado: concepto e clases. A capacidade do administrado e as súas causas modificativas. Actos xurídicos do administrado. Peticións e solicitudes. Colaboración e participación dos cidadáns na Administración.

PARTE SEGUNDA

Tema 10. O municipio: concepto e elementos. Organización municipal. Competencias. O alcalde: elección, deberes, atribucións. O Pleno do Concello. A Comisión de Goberno.

Tema 11. Os regulamentos e ordenanzas locais. Procemento de elaboración e aprobación.

Tema 12. Funcionamento dos órganos colexiados locais. Convocatoria e orde do día. Actas e certificacións de acordes.

Tema 13. O procedemento administrativo local. O rexistro de entrada e saída de documentos. Requisitos na presentación de documentos. Comunicacións e notificacións.

Tema 14. Os bens das entidades locais. O dominio público. Os bens patrimoniais.

Tema 15. Os contratos administrativos locais: concepto, regulación e réxime xurídico. Elementos. Formas de selección dos contratistas. Incumprimento dos contratos.

Tema 16. A función pública local e a súa organización.

Tema 17. O orzamento das entidades locais.

Tema 18. Facendas locais: clasificación dos ingresos. Ordenación de gastos e ordenación de pagamentos.

Tema 19. Noción do Plan Xeral de Contabilidade Municipal.

Tema 20. A conta xeral.

Tema 21. O rexistro e as súas funcións. O arquivo: as súas funcións e servicios. Clases de arquivos. O arquivo de xestión. Criterios de ordenacion de arquivos. Aplicación das novas tecnoloxías á documentación de arquivos.

Tema 22. Concepto de informática. Desenvolvemento histórico da informática. Microinformática: elementos dun microordenador. Hardware y software. Sistema operativo, programas de aplicación. Linguaxes de programación.

Tema 23. Ofimática: concepto e aplicacións. Sistemas físicos e lóxicos. Axenda electrónica. Folla de cálculo. Os gráficos de oficina. O correo electrónico. Os sistemas de tratamento de textos.

Sarria, 12 de abril de 1995.

Arturo Corral Guitián

Alcalde