Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Venres, 02 de xuño de 1995 Páx. 4.120

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BETANZOS

RESOLUCIÓN pola que se convoca poxa para a execución da obra da praza do Pasatempo.

Aprobado polo Pleno da Corporación Municipal o proxecto da obra da praza do Pasatempo, convócase para a súa execución.

Obxecto: a execución da obra denominada praza do Pasatempo.

Tipo de licitación: 19.951.749 ptas.

Garantías: provisional do dous por cento do orzamento de licitación.

Publicidade do prego de condicións: secretaría xeral, 2ª planta, edificio Casa do Concello, sito na praza da Constitución número 1, Betanzos, facéndose constar expresamente que o prego de condicións que rexerá a presente poxa de obras é o aprobado pola Comisión de Goberno da Deputación Provincial da Coruña, en sesión do 29 de xaneiro de 1988, coas modificacións introducidas á cláusula 17, pola referida Comisión de Goberno en sesión celebrada o 13 de setembro de 1991.

Proposicións, lugar e hora para presentación: sección da Secretaría Xeral do Concello de Betanzos (Pr. Constitución número 1-2ª planta, Betanzos). As proposicións serán presentadas na Secretaria Xeral do Concello de Betanzos, no prazo de vinte días hábiles contados do seguinte hábil ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, de 9 a 13 horas, en dous sobres pechados, que poderán ser lacrados e precintados, asinados polo licitador ou persoa que o represente e coa documentación e requisitos esixidos na cláusula 13 do prego de condicións.

Apertura de proposicións e adxudicación: no salón de sesións da Casa do Concello ás 12 horas do día seguinte hábil a aquel en que remate o prazo de presentación de proposicións.

Modelo de proposición:

Don/Dona... maior de idade, veciño/a de..., con domicilio en..., provisto/a de documento nacional de identidade número... en nome propio (ou en representación de... como acredita por...), informado/a de todas e cada unha das condicións da poxa convocada polo Concello de Betanzos, e publicada en... de data.... para a execución da obra comprendida no proxecto de..., e para os efectos do cal fai constar:

1. Que ofrece o prezo de... ptas. que significa unha baixa de... ptas., en relación co tipo de licitación.

2. Que, coñece e acepta cantas obrigacións se deriven dos pregos de condicions do presente contrato.

En Betanzos o... de... de 1995.

O/A licitador/a (asinado e rubricado).

Manuel Lagares Pérez

Alcalde-presidente