Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Venres, 02 de xuño de 1995 Páx. 4.119

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 24 de abril de 1995, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso público, para a subministración de equipamento de mobiliario xeral, aparellos audiovisuais e fornos microondas para centros de saúde onde se instalen puntos de atención continuada (SCC.-22/1995).

O Servicio Galego de Saúde, por proposta da Dirección Xeral de Recursos Económicos, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la subministración do expediente que a seguir se cita:

Subministración: equipamento de mobiliario xeral, aparellos audiovisuais e fornos microondas.

Destino: centros de saúde onde se instalen puntos de atención continuada.

Orzamento: 8.505.000 ptas. (IVE incluído).

Forma de adxudicación: concurso público.

Prazo de execución: os bens obxecto do presente concurso público entregaranse no prazo de 30 días contados a partir da data de notificación da adxudicación.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares, e demais documentación complementaria estarán de manifesto e á disposición dos concursantes para o seu exame nos servicios centrais da Dirección Xeral de Recursos Económicos, edificio administrativo de San Caetano, bloque 2-2º en Santiago de Compostela, e nas direccións provinciais do Servicio Galego de Saúde, tódolos días laborables, agás sábados, das 9 ás 14 horas.

Fianza provisional: 170.100 pesetas.

Presentación de proposicións: as proposicións deberán ser presentadas en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Servicio Galego de Saúde, antes das 14 horas do vixésimo día hábil contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG ou enviadas por correo dentro do prazo sinalado.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciar ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (981) 54 27 62 ou telegrama no mesmo día, de conformidade co artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

Apertura de proposicións: terá lugar na sala de xuntas do Servicio Galego de Saúde, edificios administrativos de San Caetano, a partir das 10 horas do décimo primeiro dia natural contado a partir do seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito dia coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o dia hábil seguinte.

Documentación que aportarán os licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: o pagamento do anuncio do presente concurso público será por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 24 de abril de 1995.

Antonio Carbajo Romero

Director xeral de Recursos Económicos