Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Venres, 02 de xuño de 1995 Páx. 4.118

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 23 de maio de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da proposta de resolución formulada pola instructora, no expediente sancionador de núcleos zoolóxicos que se cita (expediente 001NZ/94).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín publica-la proposta de resolución do procedemento sancionador que se instrúe, por infracción á Orde do 28 de xullo de 1980 que desenvolve o Decreto do 24 de abril, número 1119/1975 sobre autorización e rexistro de núcleos zoolóxicos, establecementos para a práctica da equitación e centros para o fomento e cuidado de animáis de compaña (BOE nº 219, do 11 de setembro) en relación á Lei 20 de decembro de 1952, sobre epizootias (BOE nº 358, do 23 de decembro), e ó seu Regulamento do 4 de febreiro de 1955, modificado, entre outros, polo Real decreto 1665/1976, do 7 de maio (BOE nº 174, do 21 de xuño), por non ser posible a súa notificación.

O interesado dispón dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para formular cantas alegacións coide pertinentes. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de vista se o considera oportuno. O expediente pode ser examinado na delegación provincial desta consellería, sita no edificio administrativo de servicios múltiples Monelos, A Coruña.

Rematado o prazo que se sinala, esta proposta, xunto con tódolos documentos que constan no expediente, remitiráselle ó delegado provincial da Conselleria de Agricultura, Gandería e Montes para a resolución do procedemento.

O que se lle comunica de acorde coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189; do 9 de agosto).

A Coruña, 23 de maio de 1995.

Beatriz Rodríguez Fraga

Instructora

ANEXO

Expediente: 001NZ/94.

Denunciado: La Garrocha.

Ultimo enderezo coñecido: Compostela, 8-3º, 15004 A Coruña.

Feito denunciado: incumpri-la normativa vixente do rexistro de núcleos zoolóxicos.

Tipificación da infracción núcleos zoolóxicos e Regulamento de epizootias: artigo 1 do Decreto 1119/1975, e 224 do Regulamento de epizootias.

Sanción proposta: 75.000.