Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación dun cambio tensión CC.TT. de Pontevedra e alrededores a 20 kV que ten as seguintes características especiais:
Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Lugar no que se vai establece-la instalación: nas instalacións eléctricas existentes nos concellos de Pontevedra, Meis, Barro, Poio, Vilaboa, Cotobade, Ponte-Caldelas, Marín e Campolameiro.
Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.
Características principais: mellora-lo tipo de illamento, elementos de protección e automatismos, ademais da reforma propia dos centros de transformación existentes.
Orzamento: 45.87.806 ptas.
O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.
Pontevedra, 17 de marzo de 1995.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra