Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Venres, 02 de xuño de 1995 Páx. 4.114

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de marzo de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 29-1/1995).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Longueiral.

Situación: Longueiral. Cambre.

Características técnicas: liña eléctrica aérea a media tensión, a 15/20 kV, sobre apoios de formigón e metálicos tubulares, con conductor LA-56, de 1.225 m de lonxitude, con orixe na liña Betanzos-Carral (expediente número 27209) e remate no C.T. que se vai construir en Longueiral.

Centro de transformación aéreo, de 100 kVA e tensións de 15/20/0,380-0,220 V en Longueiral, e rede de baixa tensión en conductor R.Z. de 35 m de lonxitude. Cambre.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 9 de marzo de 1995.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña