Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación dunha L.M.T. C.T. que ten as seguintes características especiais:
Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Lugar no que se vai establece-la instalación: tramo-I desde o C.T. Praza ata o C.T. existente en Salgado; tramo II desde o C.T. proxectado de Loureiros ata un apoio da L.M.T. a C.T. grupo escolar, concello de Caldas de Reis.
Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.
Características principais: L.M.T., aéreo-subterránea, a 20 kV, de 650 m de lonxitude, con conductores tipo R.H.V. cun apoio de formigón. C.T. de 400 kVA, relación de transformación 20 kV-398/230 V.
Orzamento: 17.265.426 ptas.
O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.
Pontevedra, 7 de marzo de 1995.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra