Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Xoves, 01 de xuño de 1995 Páx. 4.053

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 7 de abril de 1995 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de postos de traballo pertencentes ó Servicio Galego de Saúde.

Advertidos erros no texto da citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 88, do 9 de maio de 1995, cómpre efectua-la oportuna corrección:

No parágrafo 4º do punto 5º, onde di: «Así mesmo, no suposto de resultar seleccionada algunha persoa que teña a condición de persoal estatutario do sistema nacional de saúde en propiedade, será declarada polo organismo competente na situación de excedencia especial en activo, prevista no artigo 13º.º do Estatuto de persoal sanitario non facultativo das institucións sanitarias da Seguridade Social, aprobado por Orde do 5 de xullo de 1971, tamén aplicable ó persoal non sanitario, de conformidade co establecido no artigo 34.3º da Lei 4/1990, do 29 de xuño, de orzamentos xerais do Estado para 1990», debe dicir: «Así mesmo, no suposto de resultar seleccionada algunha persoa que teña a condición de persoal estatutario do Sistema Nacional de Sande en propiedade, será declarada polo organismo competente ou ben na situación de excedencia especial en activo, prevista no artigo 13 do Estatuto xurídico do persoal médico da Seguridade Social, ou ben na situación de excedencia especial prevista no

artigo 34 do Estatuto de persoal non sanitario ó servicio das institucións sanitarias da Seguridade Social».